Guía volta ao traballo
No Boe publicado na noite de onte domingo 12 de abril de 2020 pubícase a reincorporación das actividades suspendidas o día 30/03/20 (fundamentalmente construcción e actividades manufactureiras).
A continuación unhas recomendacións publicadas pola Xunta de Galicia de medidas preventivas de saúde laboral frente ao coronavirus e unhas aclaracións para o sector da construcción:
Para os traballadores da construcción:
NON se pode traballar nos edificios nos que estén habitados a non ser que trate dunha emerxencia.
Guía de recomendacións preventivas no traballo ante o coronavirus
A Xunta de Galicia pon a disposición das empresas, autónomos e traballadores unha guía con recomendacións preventivas ante o coronavirus, que ten como finalidade dar pautas para garantir a saúde laboral das persoas traballadoras no reinicio da actividade empresarial e industria.
Guía de recomendacións preventivas de saúde laboral ante o coronavirus.
Ademáis, a Xunta ten habilitada a Liña Empresas, un teléfono gratuíto, para atender consultas: 900 815 600