Medidas de hixiene durante a Fase II
A nova orde ministerial que regula a Fase II do Plan de transición cara unha nova normalidade, segue a recomendar o teletraballo e busca garantir a protección das persoas traballadoras e da poboación en xeral. As medidas tamén buscan que non se produzan aglomeracións de persoas. A partires do comezo da Fase II, produciranse os seguintes avances relativos ao comercio e hostalería:
- Apertura de todos os locais comerciais, limitando o seu aforo ao 40% e con horario preferente para maiores de 65 anos.
- Apertura dos centros comerciais ao 30% do seu aforo e sen uso de zonas comúns (cada local limitará o seu propio aforo ao 40%).
- Apertura das zonas comúns dos aloxamentos turísticos e hoteis ao 30% do seu aforo.
- Apertura da parte interior dos locais de hostalería e restauración ao 40% do seu aforo, sen servizo en barra e garantindo as medidas de separación.
No seguinte enlace da Deputación de Pontevedra encontraredes medidas de prevención e hixiene para:
- Comercio.
- Perruquerías.
- Hostalería e restauración.